jueves, 11 de abril de 2013

Roma conquista Gallaecia.


A HERDANZA ROMANA

  En moitos aspectos os galegos debemos moito os romanos como explica a investigadora Ana María Suárez Piñeiro no seu libro A vida cotiá na Galicia romana.
  Lugo será o gran centro urbano do noroeste e a cultura do baño un dos seus expoñentes. Deixaron grandes obras arquitectonicas como o acueduto para o suministro de auga, canalizacións de barro e chumbo, grandes cloacas, mansións con termas privadas e calefación polo chan radiante, etc. Os baños e balnearios tiñan un uso hixiénico-social e terapéutico-relixioso.

 Para relaxarse existían termas onde se daban masaxes. Os instrumentos de aseo persoal, como peines ou frascos para lsamos ou ungüentos, soen aparecer nos rexistros arqueolóxicos.

 Na súa dieta introducen novas carnes como a de vacún, porcos, galiñas, gansos, ovellas e cabras, tamén utilizaban a caza e recollian cogomelos pero reservadas para as grandes mesas. Utilizaban técnicas para labrar a terra intensibamente en lugar de deixala descansar.
   
  Os romanos no seu fogar utilizaban  comodas sandalias, a conceción do adorno persoal farase mais complexa. Ata os museos actuais chegaron restos de hebillas, botóns, broches e apliques de ferro ou bronce.

  En Lugo seguramente habria teatro e anfiteatro debido a que a capital lucense heredou aquela arquitetura do espazo público con soportal que soportaba o comercio. 
  Cando os edificios antigos se atopaban fóra do casco urbano polo xeral aparecen mellor conservadas. En Lugo desta maneira apareceron catro máscaras de terracota probablemente foráneas que puideron ter un uso teatral, decorativo e cultural.

  O levantamento  da muralla identifícase como símbolo de prestixo, de aquí a importancia da muralla de Lugo coincide coa construción da de Tarraco. 
  Lugo cos seus catrocentos metros de altitude, punto de paso de diversa vías xunto a un río importante, será con León (capital militar de hispania) Braga, Chaves e Astorga.

 A cidade galega é das poucas nas que se coñece o nome do fundador, Paulo Fabio Máximo, un pai que, non obstante, ainda non ten rúa no centro histórico.  
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario