1. Esta cicloxénese explosiva
ou tormenta perfecta foi
bautizada co nome de Becky a
cal o seu centro estaba na
Bretaña Francesa pero aínda
así deixouse notar con bastante
forza en Galicia sobre todo no litoral da Coruña.
3. Neste mapa podemos observar tres centros de acción nos cales distinguimos un de alta presión (anticiclón) cuya presión máxima é de 1040 mb e dous de baixa presión (borrasca) unha das cales ten como mínima presión 996 mb e a outra 998 mb. O anticiclón atopase no centro norte do Atlántico os ventos que provocará serán frouxos debido a que as isobaras están separadas, unha das borrascas no centro de Europa na cal os ventos serán máis fortes debido a que as isobaras están máis xuntas e a outra no norte de América na cal os ventos serán fortes por que as isobaras están máis xuntas.
Atopamos dous frontes fríos e un oblicuo. Un frio que abarca todo o sur de Europa e o outro o leste de Norteamérica e o oblicuo situase no norte de Europa.
As masas de aire que entran na península van ser calurosas e con posibilidades de choiva debido a que o anticiclon se atopa no Atlántico e este despraza a borrasca que está situada no centro de Europa ao xirar en sentido horario e iso fai que haxa un tempo bon na península.